martes, abril 21, 2015

Edublogs



1-Qué es un edublog y para que sirve:

Os edublogs son blogs con finalidade educativa, de hai nace o seu nome.
Son recursos educativos nos cales os mestres establecen un canle de comunicación informal co alumno, promoven a interacción social, dotan o alumno dun medio para a experimentación do seu propio aprendizaxe e son sinxelos de empregar baseándose nun coñecemento dixital básico.
O final primeiro dos edublogs é o mesmo que o da educación clásica, poñer a man do alumnado o necesario para que leve a cabo a súa aprendizaxe, pero a maiores ampliado de cara a mellora da súa socialización o seu manexo dixital, así tamén un desenrolo da responsabilidade por e cara os seus lectores.

2-Qué tipos de ferramentas ou programas podemos utilizar para la creación de un blog.

Para a creación e mantemento dun blog teriamos distintas opcións, principalmente, dous tipos: aquelas que ofrecen unha solución completa de aloxamento, gratuítas como Freewebs, Blogger e LiveJournal, e aquelas solucións consistentes en software que, permiten crear, editar, e administrar un blog, directamente no servidor que aloxa o sitio como o caso de WordPress, o de Movable Type... 
Calquera destes dous tipos pode ser levado ao estilo e-learning, aínda que tamén pode formar parte do sistema de aprendizaxe clásico.

3-Cales serían os usos dos blogs nunha pedagoxía construtivista.

Hoxe en dia a potencialidade do uso das Tic e neste caso o dos blogs nas aulas e significativa e mais cando se trata de alumnado de natividade dixital. Os usos que podería facilitar un blog serian:
-Facilitar a búsquea de contidos concretos dentro do glosario ou mesmo na web.
-Identificador dos autores dos posts dentro do blog.
-Posibilidade de revisión de publicacións e fechas.
-Axuda a clasificación temática dos posts.
-Temos a opción de incorporar vínculos a outros blogs ou paxinas de interese.
-Fomenta unha participación activa do alumnado no contido.
-Mellora a posibilidade de debate e temas de interese do alumnado.
-Fai do aprendizaxe algo mais intrínseco e no que colabora todo o alumnado, así como o mestre/a.
-Tanto o profesorado coma o alumnado poden propoñer actividades, así como suxerir webs, contidos, temas de debates...
-Fomentan a aprendizaxe visual, a colaboración e a creatividade do alumnado.
-O blog e un enlace a contido e información educativa ilimitada.
-Mellora o tratamento, xestión e clasificación da información e a súa vez a escritura, a composición e a organización desta.
-Explota a  capacidade da retroalimentación entre o alumnado
-Favorece o compromiso do alumnado sobre todo aqueles nativos dixitais.

4-Conclusión.

Como conclusión dicir que o uso do blog e das Tic non asegura o éxito educativo dentro dun aula, xa que depende da metodoloxía empregada, o coñecemento deste medio e obxectivos que se pretenden acadar. Como todo, sendo ben empregado, ten claras potencialidades e mais cando falamos da xeración dos nativos dixitais.
Finalmente, destacar que mediante o uso didáctico dos blogs dentro dun modelo pedagóxico construtivista, facilitase a construción colaborativa e significativa de coñecementos nas areas curriculares elixidas, así mesmo, promóvense as competencias sociais, cognitivas básicas e competencias dixitais tan útiles dentro desta sociedade da información e o coñecemento.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario